Thursday 02 de May de 2024

O Concello celebra o Día das Letras Galegas cunha lectura pública de textos de Florencio Delgado Gurriarán


O Concello da Coruña organizou esta mañá unha lectura pública de textos de Florencio Delgado Gurriarán para celebrar o Día das Letras Galegas. A alcaldesa Inés Rey, deu comezo ás lecturas co poema “Aí ven o maio”, a continuación outros membros da corporación e diferentes persoas que quixeron participar, leron unha ducia de poemas do autor. A homenaxe contou tamén coa actuación do grupo musical da asociación Xacarandaina ‘Os do fondo da barra’.

Os actos continuarán pola tarde, ás 18.00 horas, coas actuacións de Os Gaiteiriños (A Gaiteira) e Eidos (de María Pita á praza de Lugo). Ás 18.30 horas será a quenda de Son d’aquí, que irán do Campo de Marte ao Campo da Leña. Ás 20.00 horas, pecharán a xornada Cántigas da Terra na praza de María Pita e Donaire entre a praza de Lugo e María Pita.